terça-feira, 27 de março de 2012

7ª Bienal Internacional de Arte Jovem de Vila Verde


7ª Bienal internacional de Arte Jovem de Vila Verde
Abertas as inscrições para Concurso Internacional

A 7ª Bienal Internacional de Arte Jovem de Vila Verde vai decorrer de 30 de Junho a 14 de Julho de 2012 no Parque de Estacionamento do Município (Espaço ACF) e na Biblioteca Municipal Professor Machado Vilela (Vila Verde).
Esta iniciativa é promovida pela PROVIVER EEM, pelo Município de Vila Verde, pela Associação D’Arte, em colaboração com o Instituto Português do Desporto e da Juventude/Direção Regional do Norte e enquadra-se no projeto ” Vila Verde, Vila Criativa - Bienal Internacional de Arte Jovem” candidatado e aprovado no âmbito do Eixo Prioritário V –Governação e Capacitação Institucional, do Programa Operacional da Região do Norte.
Um certame artístico de grande relevo no panorama nacional, que contará com participação direta e o prestígio de artistas consagrados, através do comissariado Mestre Mário Silva, da coordenação artística do Pintor Luís Coquenão, a experiência internacional e o talento do artista Albuquerque Mendes em representação do IPDJ, e o conhecimento do Mestre Henrique Silva, que têm potenciado a sua dimensão internacional.
A programação associada compreenderá um leque variado de exposições: das Obras a Concurso, do Artista Convidado (Henrique Silva), de divulgação das novas tecnologias associadas à Arte, assim como prevê a realização de um Ciclo de Conferências, workshops, ateliers, momentos de teatro, dança. Música, entre outros.
Os Prémios da 7ª Bienal Internacional de Arte Jovem são: Grande Premio “Bienal Internacional de Arte Jovem de Vila Verde”, no valor de 5.000,00€ e o Prémio Revelação ( até 20 anos de idade) , no valor de 2.500,00€. Serão atribuídas Menções Honrosas por Modalidade.
A inscrição e entrega de projetos termina a 10 de Maio de 2012, conforme regulamento.
Regulamento e ficha de Inscrição no site: www.proviver.pt/bienal




Share/Bookmark

O Programa Conecta nace como plasmación dos eixos de actuación do proxecto EMPRENDE da DX de Xuventude e Voluntariado, dos eixos transversais do Plan Estratéxico de Xuventude 2013 e desenvólvese a través de 9 encontros territoriais enfocados ao emprendemento xuvenil.

Estes actos de carácter territorial e sectorial pretenden ser, asemade, un punto de encontro entre grupos de mozos e mozas, entidades de carácter xuvenil, institucións públicas e privadas, e empresas cun obxectivo común:
ofrecer oportunidades para a xuventude e motivar a súa participación activa así como servir de escaparate do activismo e talento da nosa mocidade.

O emprendedurismo e a creatividade figurarán como referentes fundamentais comúns en todos e cada un destes encontros atendendo ao cumprimento dos obxectivos específicos do programa:
  • Dinamizar e impulsar a participación xuvenil.
  • Fomentar o asociacionismo xuvenil.
  • Crear puntos de encontro a nivel territorial onde a mocidade poida compartir as súas experiencias.
  • Mellorar as canles de comunicación e diálogo entre as entidades xuvenís e institucións públicas.
  • Promover o espírito emprendedor como medio de xeración de emprego.
  • Dar voz á mocidade para mellorar a eficiencia dos programas e políticas destinadas á xuventude.
  • Garantir a igualdade de oportunidades sen distinción de sexo, clase ou condición.
  • Achegar ós estudantes á demanda de traballadores das empresas e aos novos nichos de mercado.

Para máis información: 

Conecta - Folleto
Conecta - Programa





Share/Bookmark

segunda-feira, 26 de março de 2012

Liderado e Estratexia: As chaves para o cambio na internacionalización da empresa


Liderado e Estratexia:

 As chaves para o cambio na internacionalización da empresa

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE) e co apoio do socios do proxecto EMPRENDE: IPJ, CEG, FGE, FNAJ promoven a realización do Encontro LIDERADO E ESTRATEXIA: AS CHAVES PARA O CAMBIO NA INTERNACIONALIZACIÓN DA EMPRESA, dirixido a mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, e enmarcado dentro do proxecto EMPRENDE, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Este encontro entre mozos emprendedores e empresarios do Norte de Portugal e Galicia na Eurociudade de Chaves-Verín enmárcase no Emprende que trata de apoiar a internacionalización e cooperación entre as empresas de ambas zonas. 

O venres terá lugar a inauguración a cargo de Ovidio Rodeiro Tato, director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e Daniel Ramos Lobón, presidente da Federación Galega de Jóvenes Empresarios-AJE Galicia.  Para finalizar intervirán representantes da Eurociudade de Chaves que presentarán a cidade como zona empresarial de referencia e pechará a xornada Pilar Del Oro Saéz que exporá os proxectos de cooperación transfronteiriza e rexional Emprende, Eurocidade e Imagina Atlántica.

O sábado o programa conta coa intervención de Alexandra Lemos, coachee internacional que mediante o relatorio "A mentalidade do océano azul para un liderado auténtico" mostrará a diferenza como chave da competitividade da empresa no mercado internacional e de Sergio Ríos que mediante o obradoiro A Arte da Guerra, a arte da boa estratexia, incidirá sobre as principais indicacións sobre estratexia contidas no libro A arte da guerra, de Sun Tzu, aplicadas á competitividade empresarial. Estúdanse factores que garanten a produtividade e competitividade, como a innovación, a cooperación, a boa e estudada estratexia e a rápida adaptación aos cambios, segundo os consellos do  estratego chino Sun Tzu.

Ambas intervencións terán lugar nun ambiente distendido e participativo cos asistentes, finalizando na tarde do sábado cunha visita empresarial á cidade de Chaves para dinamizar o networking entre os asistentes.

Este encontro, gratuíto, terá lugar en Chaves (Norte de Portugal) o 30 e 31 de marzo de 2012. O número de prazas é limitado (100), seguirase unha estrita orde de inscrición. 

O prazo de inscrición estará aberto dende o 21 de marzo ata ás 12:00 horas do 28 de marzo.

Para asistir ao encontro sairán o venres 30 de marzo autobuses das capitais de provincias galegas que farán o percorrido de volta o domingo 1 de abril en horario de mañán. A organización comunicará aos admitidos os horarios e percorrido do servizo de autobuses.

Para máis información: xuventude@xunta.es



Encontro 
Galicia-Norte de Portugal
Liderado e Estratexia: as chaves para o cambio na internacionalización da empresa





PROGRAMA PROVISIONAL


Lugar: Hotel Casino Chaves.
Lugar do Extremo - Valdanta,
Chaves 5400-581, Portugal.

Fecha: 30 y 31 de marzo de 2012

Programa

            Viernes, 30 de marzo
ñ  18.00 h (hora local): Inauguración.
Ovidio Rodeiro Tato. Director General de Xuventude e Voluntariado de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia.
Daniel Ramos Lobón. Presidente de AJE Galicia (Federación Gallega de Jóvenes Empresarios).

ñ  18.30 h: Eurocidade Chaves-Verín.
Gabinete Eurocidade

·         19.15 h: Proyectos Emprende, Eurocidade e Imagina Atlantica.
Pilar del Oro Sáez. Coordinadora Oficina Europa para a Mocidade. Fundación Galicia Europa.

·         20.00 h: Cena

Sábado, 31 de marzo
ñ  10.00 h (hora local): La mentalidad del “Océano Azul” para un liderazgo auténtico.
Alexandra Dias Lemos. ICC Internacional Coach, Partner da Mindocoach.

ñ  11.45 h: El arte de la guerra: el arte de la buena estrategia.
 Sergio Ríos Huércano. B-ABLE Consultoría de Estrategia y Operaciones.

ñ  13.15 h: Comida.
ñ  15.30 h: Visita empresarial a la ciudad de Chaves
ñ  19.00 h: Clausura.



ANEXO INFORMATIVO PONENTES


ALEXANDRA DIAS LEMOS

Licenciada en inxenería química, con postgrado en Administración de Empresas con especialización en Marketing da Facultade de Economía de Oporto.

Coach certificada pola International Coaching Community (ICC), e asociada con Mindcoach, empresa de coaching líder en Portugal, con experiencia en Programación Neuro Lingüística e unha larga traxectoria en formación empresarial na área de desenvolvemento persoal, liderado, negociación, traballo en equipo e marketing.

É vicepresidenta de educación de Oporto Club Toastmasters. Trainer acreditado polo  Instituto de Emprego e Formación Profesional de Portugal.

Ponent,  entre outros, na  Xornada Internacional de Coaching 2009(Santiago), Congreso Nacional de Xóvenes Empresarios 2008 e Congreso Internacional de Coaching de ICC 2009 (Lisboa).

SERGIO RÍOS HUÉRCANO

Consultor de Dirección Estratégica, especializado en mellora competitiva, baseando o seu  traballo na capacitación, a excelencia (EFQM) e a toma de decisións.


Avaliador Acreditado EFQM (Excelencia).

Consultor de mellora competitiva para Pymes, é  decir, traballar para que as Pymes poidan ser competitivas, utilizando as ferramentas e  modelos de traballo que necesiten, buscando un ROI elevado e optimizando ao  máximo os seus beneficios. A base de traballo é EFQM (Excelencia); innovacion, e ámbito tecnolóxico (Community Management por exemplo).

Especialidades

EFQM (excelencia), mejora competitiva , capacitación e formación e innovación.



Share/Bookmark