quarta-feira, 8 de outubro de 2014

A Importancia do Portafolio Web


Obxectivo

Desexas compartir as túas ideas e mostrarlle ao mundo o que fas? Ven e infórmate sobre as posibilidades que os portafolios online poden ofrecer. Dende coñecer o seu potencial, ata saber a mellor maneira de promocionarte e as distintas plataformas que existen á túa disposición.

• A Fundación Galicia Europa, co apoio da D.X. de Xuventude e Voluntariado, a CEG, o IPDJ e a FNAJ E e coa colaboración do Concello de Tui, organiza este encontro ao abeiro do Proxecto EMPRENDE, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP.

• Enmarcado na actividade de FORMACIÓN PARA EMPRENDEDORES XUVENÍS, na acción de XORNADAS E PANEIS DE EXPERIENCIAS; basearase en exposicións e exercicios que servirán de estímulo e de emulación para os mozos dos nosos territorios; animarán aos emprendedores a levar a cabo os seus propios portafolios e autopromoción en Galicia-Norte

Tui, 23 de Outubro de 2014

A experiencia práctica destes anos de traballo no proxecto EMPRENDE marca este taller, que pretende fomentar a auto promoción, por medio de recursos dixitáis na rede, entre a mocidade de Galicia e do Norte de Portugal.

O día 23 de outubro de 2014 realizarase o taller A IMPORTANCIA DO PORTAFOLIO WEB COMO FERRAMENTA DE AUTOPROMOCIÓN, en Tui. O obxectivo do mesmo é mostrar as diferentes opcións que existen na rede para facer un portafolio web que axude a chegar a todo o mundo; facilitar a autopromoción, e polo tanto, o empredemento en Galicia e o Norte de Portugal.

Destinatarios e criterios de selección

O curso vai dirixido a mozas e mozos de 18 a 30 anos con espírito emprendedor e desempregados. Darase prioridade a orde de presentación da inscrición e preferencia aos mozos de zonas limítrofes. O taller gratuíto impartirase durante a mañá e a tarde do 23.

Número de plazas

Co fin de que a xornada sexa o máis áxil e útil posible limitarase a 20. Os interesados deberán inscribirse o máis tardar o 20 de outubro, indicando, a ser posible, a qué sector profesional pertencen. Se lles comunicará persoalmente a recepción da súa inscrición e a resolución definitiva. A asistencia será obrigatoria a toda a xornada e entregarase certificado de asistencia.

Metodoloxía

As sesións serán únicas, didácticas, a través da exposición do tema e de exercicios prácticos . Axudarase durante toda a xornada aos destinatarios naquelas dúbidas tecnolóxicas, empresariais e creativas que lles poidan xurdir.

Proxecto EMPRENDE

“Mozos Emprendedores da Eurorrexión”, nome completo desta iniciativa, busca facer deste territorio un espazo atractivo para o asentamento o desenvolvemento de nova actividade económica e empresarial por parte do novos.
Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Instituto Português da Juventude, a Confederación Empresarios de Galicia, a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e a Fundación Galicia Europa.
O proxecto EMPRENDE adscríbese ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, dentro da área de cooperación Galicia-Norte de Portugal, e conta cun orzamento total de 727.313,26 euros, cun 75% a cargo de FEDER no marco do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013. Os seus obxectivos son a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convertan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos. 

Para obter máis información poderán chamar aos teléfonos: 981 95 70 88/ 981 54 10 10, en horario de 9:00 h. a 14:00 h, ou no e-mail. Para realizar as inscricións deberán dirixirse á páxina web www.fundaciongaliciaeuropa.eu, e no e-mail: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu




Share/Bookmark