segunda-feira, 24 de agosto de 2015

Seminario para o Desenvolvemento do Talento Emprendedor

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia pon en marcha un seminario  que ten por finalidade axudar aos mozos e mozas a desenvolver o seu talento en relación coa búsqueda de emprego.

O seminario que se realizará nas cidades de Ourense e Vigo está enmarcado dentro do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade.

A finalidade é fomentar o espírito emprendedor na mocidade, fortalecer a capacidade de convición para desenvolver as fortalezas, a capacidade e actitudes que permitan afianzar aos participantes as súas ideas para o futuro que desexan.

A temática do seminario abordará :
  • Concepto e talento emprendedor, capacidades, compromiso e acción
  • Competencias persoais e sociais
  • Diagnóstico do perfil persoal e plan de acción.
Persoas destinatarias: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.
Número máximo de participantes: 15
Número de participantes mínimo para que se realice o seminario: 5
Lugares, datas e horario:
  • Ourense: día 10 de setembro de  16,30 a 20.30 horas, Espazo Xove (R/Celso Emilio Ferreiro, 27)
  • Vigo: día 11 de setembro de 10  a 14 horas, na Casa do Deporte (R/ Fotógrafo Luis Ksado, 17)

Inscricións: ata dous días antes da data de celebración de cada xornada.

As persoas participantes serán seleccionados por orden de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionado para participar.

Para mais información: galeuropa@xunta.es
Teléfono  981 544 645


Share/Bookmark