FORO ABRINDO FRONTEIRAS
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Xoves Empresarios
(Fegaxe-Aje Galicia) organiza o foro de
emprendemento transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal "Abrindo
Fronteiras de Cambio".
O foro é unha
actividade do proxecto EMPRENDE, financiado ao abeiro do Programa de
Cooperación Transfronteiriza Galicia –
Norte de Portugal (POCTEP).
CONTEXTO
No actual contexto social e económico,
o emprendemento está a ser unha fonte fundamental de xeración de emprego e
riqueza. Nese punto, xorde a importancia da unión e o establecemento de
sinerxías e colaboracións para levar adiante proxectos empresariais e
profesionais que só se poden entender baixo a fórmula colaborativa.
En Galicia, unha comunidade, con gran iniciativa
emprendedora, es importante aproveitar esta posibilidades e que mellor que
facelo co país veciño, Portugal, un lugar co que compartimos unas raíces e una
visión do mundo semellantes, tamén en canto a cultura empresarial.
Nese contexto el obxectivo coa proposta
o Programa de Emprendemento es potenciar e dótalo de ferramentas e accións para
desenvolver todo o potencial das iniciativas e dos proxectos emprendedores
galegos e portugueses.
A filosofía desta actividade vai máis
aló de constituir un foro de encontró empresarial. Quere establecer lazos
fortes entre emprendedores de ambos os dous territorios e cubrir as necesidades,
descubrir as oportunidades e establecer intercambio de coñecementos e de intelixencia.
Neste momento no que todo cambia e no
que é máis necesario que nunca reiventarse quérese ofrecer un evento que sirva
de pasarela, contacto e transferencia de coñecemento e no que emprendedores de
Galicia e Portugal poidan desfrutar
dunha oportunidade de expansión, de crecemento, de intercambio ou
simplemente de propostas e aprendizaxe sen fronteiras.
OBXECTIVO
Os obxectivos fundamentais
de “Abrindo fronteiras de cambio” serán:
- Ser vehículo canalizador e de intercambio de ideas e proxectos
- Un espacio de intercambio de sinerxías e coñecementos empresariais entre Galicia e Norte de Portugal
- Poñer en contacto emprendedores con necesidades comúns en ambos os dous países
- Dotar de ferramentas útiles aos asistentes para desenvolver proxectos emprendedores nos seus respectivos ámbitos e fóra deles.
- Inversores e empresarios dispostos a asesorar, escoitar e analizar ideas emprendedoras ou empresas un pouco máis consolidadas
- Poñer en valor a mobilidade entre Galicia e Portugal con posibilidades de inversión ou financiación de proxectos en ambos países
- Rondas de networking sectoriais onde aproveitar sinerxías e contactos útiles para cada uno dos axentes implicados no emprendemiento
METODOLOXÍA
Para este evento se pretende usar unha
metodoloxía mixta que permite o intercambio de coñecemento e de ideas pero
tamén a exposición e cobertura de necesidades dos emprendedores presentes así
como as posibilidades de contacto con inversores nos seus proxectos en Galicia
e en Portugal.
Para acadar este fin se usará un
método que combine encontros exprés entre inversores e emprendedores, mesas
redondas onde se trate o emprendedurismo desde os dous lados da fronteira
galego-portuguesa e ponencias
específicas onde se expoña a experiencia e as necesidades destes emprendedores.
O público obxectivo serán
emprendedores de Galicia e do Norte de Portugal así como inversores e
empresarios dispostos a escoitar estes proxectos e agrupados en redes de
inversores de ambos os dous países. O perfil principal virá limitado polos
proxectos presentados na plataforma Emprendemento Xuventude que abarcarán desde
novas iniciativas ata empresas con 1 ou 2 anos de vida.
PROGRAMA
O Foro terá lugar na cidade de Pontevedra o día 11 de xuño, no Hotel Galicia Palace. A inscrición é obrigatoria e gratuíta. Deberase enviar un correo á seguinte dirección: gerencia@fegaxe.com ou chamando ao teléfono 608 905 804.